Blogia
Andresadas

George Jung segue soñando...

George Jung segue soñando... "Fai que o vento sempre sopre nas túas costas e que o sol brille na túa faciana, e os ventos do destino levaránte a bailar coas estrelas". Esta traducción ó galego é a frase na que se resume a gran lección que George Jung levou da súa vida. "O diñeiro non o é todo", é tamén a lección final que puido aprender. Tras unha emboscada nos anos 70, este home permanece no correccional federal de Otisville, no cal cumpre condena ata o ano 2015. Un dos traficantes máis coñecidos e populares durante a década dos anos 60 e 70, comezou repartindo marihuana na costa oeste dos Estados Unidos e acabou sendo o maior distribuidor de cocaína, catro anos despois. Levou unha vida de traizón e culpa, na cal, quizais, non soubo elixir de forma adecuada á xente coa que tiña que estar. Mentres espera unha visita da súa filla, a cal considera o seu corazón, George Jung deléitanos coas súas aventuras na película Blow. En breves máis sobre este personaxe.

0 comentarios